ELEXÍAS DA LUZ.

Résultat de recherche d'images pour "libros m victoria moreno"A súa relación coa poesía era moi fonda. Xa en 1973 elaborou a antoloxía Os novísimos da poesía galega. Sentíase fascinada pola poesía e era quen de transmitir esa paixón recitando poemas de corrido. E aínda que escribiu poesía no ámbito da literatura infantil é moito menos coñecido que a súa vocación lírica a levase a legarnos este libro, escrito nos últimos anos: Elexías de luz, que agora publicamos postumamente, revisado por Xavier Senín. A última parte («Dous folios que foron brancos») é o poemario en que María Victoria estaba a traballar antes da súa morte e por iso se quixo conservalo tal e como ela o deixou. Elexías de luz é unha faceta máis da rica personalidade desta galega que permanecerá para sempre no noso recordo, unha muller que se namorou da lingua e a cultura galegas, coas que mantivo unha fermosa historia de amor, como ela mesma o definiu. N° de ref. de la librería 3100780013
 https://www.iberlibro.com/Elex%C3%ADas-luz-Moreno-Mar%C3%ADa-Victoria-XERAIS/17130423648/bd
 http://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/maria-victoria-moreno-da-vida-da-esperanza/20170616175030058665.html
 unha peza literaria de beleza desconcertante, de sinceridade asombrosa, escrita dende a serenidade e a coraxe de quen sabe que unha doenza, por grave que for, non muda a personalidade de ninguén, se non que apenas resalta os trazos característicos de cadaquén. Un texto autobiográfico escrito en condicións inclementes, mais capaz de contaxiar un optimismo sensato, de quen posúe a convicción de que nunca é tempo de abrirlle as portas á desolación.

Commentaires