http://www.asega-critica.net/2015/06/a-festa-no-faiado-de-maria-victoria.html
A festa no faiado
é un conto infantil escrito por María Victoria Moreno no que se nos
conta a historia dunha boneca, Uxía, que foi abandonada no faiado cando a
súa dona se fixo maior. En vez de quedar triste sen facer nada, a
boneca Uxía decide poñerlle solución ao aburrimento e á tristura e,
desde ese momento, fai unhas boas amizades con algúns animais. Entre
todos farán unhas festas e reunións que lles fan darse conta do
importante que é a amizade sen importar o diferentes que sexan. E a Uxía
encántalle xogar cos seus novos amigos e todos os domingos facer unha
festa no faiado! Ademais axúdalles a entender mellor o mundo e a xuntar
esforzos para conseguir os seus obxectivos: os pardais conseguen a
froita, Uxía a comida... Por Lau Ríos
Commentaires
Enregistrer un commentaire