A cadeliña Alma narra en versos fermosos a súa volta a casa na compaña dun pardal.
Alma, unha cadeliña bonita regresa triste ao seu fogar porque os nenos non xogan con ela. Pérdese na noite e durme lonxe da casa. Ao mencer acorda soa e reemprende o camiño de volta, preguntándose se ao chegar onda a súa familia recibirá un tirón de orellas. editorialgalaxia
María Victoria Moreno aborda neste libro unha historia sinxela protagonizada por unha cadela chamada Alma. A través dela a autora simboliza o ser e sentirse diferente e ignorada, en permanente soidade, ao tempo que se subliña, desde o propio título, o perenne temor ás consecuencias que pode carrexar o feito ser quen de reaccionar e procurar camiños distintos e liberadores.
A través de tres grandes seccións como son “solpor”, “noite” e “amencer” e exhibindo un rexistro lingüístico admirable, Moreno bota man do recurso á fábula encadrada nun mundo rural un tanto idealizado onde a protagonista non se sente aceptada, mais desde a que se cultiva a amizade que establece cun pequeno pardal. Alma e o pardal andarán á busca da liberdade, que é outro motivo aquí omnipresente, como resposta á soidade e á incomprensión. Oportunísima, sen dúbida, esta reedición .cadernodacritica.

- Páxinas : 28
- Deseño : Rústica
- Dimensións : 119 x 215
- Data Publicación : 1997-08-01
- Colección : Árbore primeiros lectores
- Editorial : Galaxia
- ISBN : 978-84-8288-104-1
- Edición : 1
Commentaires
Enregistrer un commentaire