María Victoria Moreno
(Valencia de Alcántara, Cáceres, 1941) estudou Filoloxía Románica en Madrid.
En 1963 conseguiu unha praza de profesora interina no instituto Valle-Inclán,
descubriu a súa vocación pola docencia, gañou as primeiras oposicións que se
convocaron e estableceuse definitivamente en Galicia. Actualmente, xubilada como
Catedrática de Literatura Española no Instituto Torrente Ballester de
Pontevedra e casada co tamén escritor Pedro Ferriol, adícase a escribir e
pescudar facetas da vida que en etapas anteriores lle estiveron vedadas polas
obrigas familiares e laborais.
A identificación de M.V. co noso país, coa súa cultura e coa súa fala foi tan intensa que de seguida aprendeu o galego e converteuno na súa lingua. A súa obra literaria goza dunha consideración que sobardou o ámbito galego, como o demostran as traduccións dos seus libros a outras linguas. Unha parte dela son contos e novelas dedicadas ao público infantil e xuvenil. Entre os seus títulos máis coñecidos figuran: Mar adiante, Novísimos da poesía galega, Leonardo e os fontaneiros, Festa no faiado, O cataventos, A brétema, Literatura século XX, Anagnórise —na lista de honra do IBBY de 1990—, Prosa e verso, As linguas de España, Eu non teño medo, Guedellas de seda e liño —White Raven, do Centro Internacional de Lectura de Munich, 2002—, Amigos de mil colores ou Diario da luz e a sombra, onde fai unha aposta pola esperanza dende a súa experiencia como enferma de cancro de mama. Como os pioneiros —Carlos Casares, Paco Martín— tivo un primeiro premio de "O Facho", en 1975.
Os seus libros singularizan a María Victoria Moreno como unha das máis prestixiosas escritoras galegas, tanto en Galicia como no resto do país.
© 2006 Biblioteca Virtual Galega

Commentaires
Enregistrer un commentaire