María Victoria Moreno
Márquez (Valencia de Alcántara, Cáceres, 1939 - Pontevedra, 2005),
licenciada en Filoloxía Románica pola universidade de Madrid, en 1963
conseguiu unha praza de profesora nun instituto de Pontevedra,
establecéndose en Galicia. A súa identificación co noso país foi tan
intensa que de seguida aprendeu o galego e o convertiu na súa lingua.
Desde entón, toda a súa obra literaria está escrita en galego. Unha
parte dela son contos e novelas dedicadas ao público infantil e xuvenil,
como Leonardo e os fontaneiros, Mar adiante, O cataventos e Festa no faiado. A súa novela Anagnórise, xa traducida ao castelán, obtivo un grande éxito entre os lectores, e figura na lista de honra do IBBY de 1990. Con Guedellas de seda e liño recibiu unha mención especial White Ravens 2002. Colaborou na redacción de libros de texto e dirixiu a colección "Árbore" da Editorial Galaxia dende 1988, ano da súa creación.
Commentaires
Enregistrer un commentaire